Visualizacións de páxina totais

xoves, 23 de marzo de 2017

O Pazo de Barallobre

    O pazo de Barallobre foi construido no ano 1591 por Fernando Lago e Obaña, o seu fillo o sarxento maior Lanzarote de Lago, faleceu 1626, tal e como se recolle nunha lápida que ainda se pode contemplar na igrexa parroquial de Barallobre. O sobriño de Lanzarote, Fernando de Lago Bugueiro, licencido e crego fundou a capela do Bo Xesús en 1648, nun principio no lugar da parroquia de Barallobre do mesmo nome e logo trasladada as proximidades do pazo.

  A partir de aquí o pazo foi herdado por diversos persoeiros entre os que destacaremos como curiosidade a Xoana Márquez, quen ó enviuvar quedou co pazo no que vivía nas tempadas estivais, xa que o inverno o pasaba na Coruña. Foi nesta cidade na que dona Xoana exerceu como benefactora dun hospicio, e mesmo lle puxo o apelido “Barallobre” a moitos orfos.

  O último propietario do pazo foi Xoán Xaspe que morreu sen descendencia a principios do século XX, deixando como herdeiro a un afillado que vendeu a propiedade. Esta contaba cunha horta con gran variedade de froitas e árbores exóticas chegadas de diversos puntos do planeta.

  No solar que ocupaba o pazo se construeu o Instituto de Barallobre, corría o ano 1979. As autoridades políticas de entón, amosando un desprezo polo patrimonio cultural e a historia do nos pobo, derrubaron o lexendario pazo de Barallobre e a Capela do Bo Xesús; grande parte . Pese a que estaba abandonado non é certo que a estrutura do edificio nin da Capela, xa que esta era de cantería, estivesen nun estado ruinoso como se lle fixo saber aos veciños de Barallobre para xustificar o seu derrube; hoxe aquel atentado ao noso patrimonio, entendemos que non se levaría a cabo.


  Respeto ao escudo do pazo e segundo o académico Martínez-Barbeito, se pode ver “ao amparo do yelmo emplumado e baixo un estoxo coa banda dos Andrade, entre anxos tenantes, aparecen oito cuarteis. Nalgúns é posible recoñecer outra vez a banda e os dragantes dos Andrade, a M coronada dos Montenegro, o xaquelado de Bermúdez, a torre surmontada de incógnita figura que puidera corresponder aos Lago, tres flores de lis ben ordenadas, tres columnas que puideran dicir Romero, unha árbore cun cuadrúpedo pasante que ao mellor alude a Tenreiro e cinco estacas, dos Valcarce ou tal vez dos Quiroga”.

Pazo de Barallobre, Vista xeral coa Capela.

Pazo de Barallobre, entrada ao patio interior.

Pazo de Barallobre, os xardíns.
Pazo de Barallobre, os xardíns.

Capela do Bo Xesús, Capela do Pazo de Barallobre

Escudo do Pazo de Barallobre
O escudo do Pazo de Barallobre na súa orixinal ubicación, no mesmo pazo.


A «Casa da Sociedade» - Barallobre

A «Casa da Sociedade» tal e como sempre foi coñecida na Parroquia de Barallobre, foi inaugurada o 1º de maio de 1930 e que este ano 2016 se cumpriu oitenta seis anos.   A súa construción fora promovida pola “Sociedade de Oficios Varios” que logo se uniría a “Unión Xeral de Traballadores”, veciños e veciñas da nosa parroquia participaron dun xeito activo para que fora unha realidade.

Foi unha das primeiras “Casa do Pobo” construídas no noso pais. A derradeira asemblea se celebrou en xullo do ano 1936. A maior parte dos seus dirixentes e dos veciños que participaron voluntariamente na súa edificación sufriron as represalias das forzas que apoiaron o Golpe de Estado do 36.

A Casa da Sociedade - Barallobre



mércores, 22 de marzo de 2017

O Cabaleiro “André Barallobre”.

André Barallobre, nado na Parroquia de Barallobre no ano 1460, e falecido na Parroquia San Xiao de Carballo, no Concello de Friol, no ano 1536.
 
En San Xiao de Carballo, a comezos do século XII, un antepasado seu procedente de Barallobre construíu a casa da familia, aproveitando unha doazón de Pedro Froilaz, Conde de Traba.   Nesa época comeza a xeneralizarse o uso do apelido entre a nobreza, e indicaba case sempre procedencia territorial, neste caso a parroquia de Barallobre, situada á beira da Ría de Ferrol.  Reforza este feito, contrastado, as propiedades que posuía en Barallobre e en boa parte de Ferrolterra, o conde de Traba e a súa familia.


Segundo a Crónica de Xoán de Barallobre, André naceu no castelo, tamén chamada Casa-forte, de Barallobre ó Varallobre.  Quedou orfo de pai e nai dende neno.  O seu pai fora un onfluinte cabaleiro da súa época, do acostamento dos Ulloa (Condes de Monterrey e donos do Castelo de Pambre) quen permaneceu ao marxe das guerras "irmandiñas". Andrés Barallobre chega a ser cabaleiro de D. Sancho Sanches de Ulloa, conde de Monterrei. Participa nas reunións dos nobres galegos que se opoñen ao proceso de centralización imposto polos Reis Católicos a finais do século XV.  Andrés participou co Mariscal don Pedro Pardo de Cela na guerra que mantivo con Fernando de Acuña, enviado dos Reis Católicos.  Cando as tropas de Isabel e Fernando cercan ao Mariscal Pardo de Cela nas terras de Mondoñedo, Andrés Barallobre acode na súa axuda cun grupo de cabaleiros. Escapa do axustizamento do Mariscal Pedro Pardo de Cela, o 17 de decembro de 1483, en Mondoñedo.   En represalia as tropas castelás derruban a súa casa forte de Friol ou Casa-fuerte de Barallobre que foi arrasada polos castelán e nela morreu a súa esposa Tareixa de Prado.   Fuxido ao Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes, fundeu o ouro que ainda lle quedaba en lanzas que agochou nas columnas da lareira do Pazo.   Na fachada do Pazo colocou o brasón dos Barallobre, unha árbore trenzada, e inclue a agia símbolo dos Pardo de Cela.  En setembro de 1486 entrevístase cos Reis Católicos en Melide, expoñéndolles os razoamentos dos nobres galegos en contra da centralización. Morreu o 27 de maio de 1536 no Pazo de Golmar.

Monumento a André Barallobre, na Parroquia de Barallobre. Obra do artista Francisco Pérez Porto

Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes

Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes



Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes








martes, 21 de marzo de 2017

«Galicia acorda» - André Barallobre en comic



   Artabria e Radiodifusión, aló polo ano 2008, colgan álbums na rede

   Neste caso a obra "Galicia acorda" que foi publicado pola Liga de Amigos de Barallobre e Radiodifusión.  O álbum está centrado na figura histórica do cabaleiro Andrés Barallobre e ambientado na Revolta Irmadiña


O álbum consta de vinta e catro páxinas.  Foi ilustrado por Carlos Sardiña e os textos son de María Xesús Aneiros Rei.   E está disponible na rede.

Galicia acorda - Andrés Barallobre


venres, 17 de marzo de 2017

A Parroquia de Barallobre nos escritos medievais

«Barallobre na Historia».

A Parroquia de Barallobre nos escritos medievais.

Datada no ano 1107 aparece unha das primeras referencias a Barallobre, recollidas no “Corpus Documentale Latinum Galleciae”, documentos do Mosteiro de Caaveiro, que di así:

      'in ecclesia Sancti Iacobi de Baralouvre'

A seguinte mención a Barallobre figura na "Historia Compostelana" e é do ano 1110.  No texto se dí:

      'Froyla presbiter ecclesie sancti Iacobi de Baraliobre confirmo. Froyla presbiter ecclesie sancti Mametis de Laragia confirmo. Iohannes presbiter ecclesie sancte Marine de Seliobre confirmo. Ordonius presbiter ecclesie sancti Saluatoris de Seliobre confirmo.'

Historia Compostelana, copia do século XIV.





Comentario do Papa Francisco do Evanxeo deste III Domingo de Coresma - Ciclo A

Papa Francisco, III Domingo de Coresma - Ciclo A, "Xesús conversa coa Samaritana"


Domingo 3 de Coresma - Ciclo A, 19 de marzo – 2017

Lectura do Evanxeo segundo Xoán,  (Xn. 17, 1 - 9)

Xesús conversa coa Samaritana

Naquel tempo chegou Xesús a unha cidade da Samaría chamada Sicar, preto do terreo que lle deixara Xacob a seu fillo Xosé.  Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía.  Chegou unha muller da Samaría sacar auga. E Xesús díxolle:

-          Dáme de beber.
(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).

Preguntoulle entón a muller samaritana:

 ‑ Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber? (Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).

Respondeulle Xesús:

 - Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.

Replicoulle a muller:

 - Señor, se ti nin sequera tes caldeiro e o pozo é fondo, de onde pensas quitar esa auga viva? Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon el, seus fillos e mais o seu gando?

Xesús contestoulle:

 - Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez; pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna.

A muller suplicou:

 - Señor, dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.

Díxolle Xesús:

 - Vai chamar polo teu marido e volve aquí.

A muller contestou:

 - Non teño marido.

Xesús díxolle:

 - Falaches ben, dicindo "non teño marido"; tiveches cinco homes e o que tes agora non é teu marido. Desta si que falaches a verdade.

A muller respondeu:

 - Señor, vexo que ti es profeta. Os nosos pais adoraron neste monte e vós dicides que é en Xerusalén onde hai que adorar.

Xesús díxolle:

 - Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraréde-lo Pai. Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adoramos o que coñecemos, pois a salvación vén dos xudeus. Pero chega a hora ‑é xa agora‑ en que os verdadeiros adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o Pai. Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.

Respondeu a muller:

 - Sei que está para vir o Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar todas as cousas.

Díxolle Xesús:

 - Son eu, o que está falando contigo.

Nisto chegaron os seus discípulos e chamoulles a atención que falase cunha muller. Pero ningún lle preguntou: "Que pretendes?" ou "De que falas con esa?"

Entón, deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles ós veciños:

 - Vide ver un home que me dixo todo canto eu fixen.  Non será el o Mesías?

Eles saíron da vila e viñeron onda el.  Mentres, os seus discípulos insistíanlle:

 - Rabbí, come.

Mais el díxolles:

 - Eu teño para xantar unha comida que vós non sabedes.

Dicíanse entón os discípulos, uns ós outros:

 - Traeríalle alguén de comer?

Xesús díxolles:

 - A miña comida é facer a vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra. Non dicides vós que aínda faltan catro meses para que chegue a seitura?  Ben, pois mirade o que vos digo: erguede os vosos ollos e veredes que os campos están brancos para a seitura.  O que sega recibe a paga e recolle froito para a vida eterna; de xeito que se alegran tanto quen sementa coma quen sega.  Pois nisto é verdadeiro o dito de que un é quen sementa e outro quen recolle.  Eu mandeivos recolle-lo que vós non traballastes: outros traballaron e vós recolléste-lo froito do seu traballo.

Moitos samaritanos daquela vila creron nel, pola palabra da muller, que declaraba: "díxome todo canto eu fixen".  Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle que quedase con eles; e quedou alí dous días.  E creron aínda moitos máis polo que el lles dixo.  Dicíanlle despois á muller:

- Xa non cremos polo que ti nos dixeches: nós mesmos o escoitamos e sabemos que este é de verdade o Salvador do mundo.


Palabra de Deus.

Xesús conversa coa Samaritana