Visualizacións de páxina totais

mércores, 22 de marzo de 2017

O Cabaleiro “André Barallobre”.

André Barallobre, nado na Parroquia de Barallobre no ano 1460, e falecido na Parroquia San Xiao de Carballo, no Concello de Friol, no ano 1536.
 
En San Xiao de Carballo, a comezos do século XII, un antepasado seu procedente de Barallobre construíu a casa da familia, aproveitando unha doazón de Pedro Froilaz, Conde de Traba.   Nesa época comeza a xeneralizarse o uso do apelido entre a nobreza, e indicaba case sempre procedencia territorial, neste caso a parroquia de Barallobre, situada á beira da Ría de Ferrol.  Reforza este feito, contrastado, as propiedades que posuía en Barallobre e en boa parte de Ferrolterra, o conde de Traba e a súa familia.


Segundo a Crónica de Xoán de Barallobre, André naceu no castelo, tamén chamada Casa-forte, de Barallobre ó Varallobre.  Quedou orfo de pai e nai dende neno.  O seu pai fora un onfluinte cabaleiro da súa época, do acostamento dos Ulloa (Condes de Monterrey e donos do Castelo de Pambre) quen permaneceu ao marxe das guerras "irmandiñas". Andrés Barallobre chega a ser cabaleiro de D. Sancho Sanches de Ulloa, conde de Monterrei. Participa nas reunións dos nobres galegos que se opoñen ao proceso de centralización imposto polos Reis Católicos a finais do século XV.  Andrés participou co Mariscal don Pedro Pardo de Cela na guerra que mantivo con Fernando de Acuña, enviado dos Reis Católicos.  Cando as tropas de Isabel e Fernando cercan ao Mariscal Pardo de Cela nas terras de Mondoñedo, Andrés Barallobre acode na súa axuda cun grupo de cabaleiros. Escapa do axustizamento do Mariscal Pedro Pardo de Cela, o 17 de decembro de 1483, en Mondoñedo.   En represalia as tropas castelás derruban a súa casa forte de Friol ou Casa-fuerte de Barallobre que foi arrasada polos castelán e nela morreu a súa esposa Tareixa de Prado.   Fuxido ao Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes, fundeu o ouro que ainda lle quedaba en lanzas que agochou nas columnas da lareira do Pazo.   Na fachada do Pazo colocou o brasón dos Barallobre, unha árbore trenzada, e inclue a agia símbolo dos Pardo de Cela.  En setembro de 1486 entrevístase cos Reis Católicos en Melide, expoñéndolles os razoamentos dos nobres galegos en contra da centralización. Morreu o 27 de maio de 1536 no Pazo de Golmar.

Monumento a André Barallobre, na Parroquia de Barallobre. Obra do artista Francisco Pérez Porto

Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes

Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes



Pazo de Golmar, na parroquia de Santo André de Roade en Sobrado dos Monxes








Ningún comentario:

Publicar un comentario