O Pazo de Barallobre
O pazo de Barallobre foi
construido no ano 1591 por Fernando Lago e Obaña, o seu fillo o sarxento maior
Lanzarote de Lago, faleceu 1626, tal e como se recolle nunha lápida que ainda
se pode contemplar na igrexa parroquial de Barallobre. O sobriño de Lanzarote,
Fernando de Lago Bugueiro, licencido e crego fundou a capela do Bo Xesús en
1648, nun principio no lugar da parroquia de Barallobre do mesmo nome e logo
trasladada as proximidades do pazo.
A partir de aquí o pazo
foi herdado por diversos persoeiros entre os que destacaremos como curiosidade
a Xoana Márquez, quen ó enviuvar quedou co pazo no que vivía nas tempadas
estivais, xa que o inverno o pasaba na Coruña. Foi nesta cidade na que dona
Xoana exerceu como benefactora dun hospicio, e mesmo lle puxo o apelido
“Barallobre” a moitos orfos.
O último propietario do
pazo foi Xoán Xaspe que morreu sen descendencia a principios do século XX,
deixando como herdeiro a un afillado que vendeu a propiedade. Esta contaba
cunha horta con gran variedade de froitas e árbores exóticas chegadas de
diversos puntos do planeta.
No solar que ocupaba o
pazo se construeu o Instituto de Barallobre, corría o ano 1979. As autoridades
políticas de entón, amosando un desprezo polo patrimonio cultural e a historia
do nos pobo, derrubaron o lexendario pazo de Barallobre e a Capela do Bo Xesús;
grande parte . Pese a que estaba abandonado non é certo que a estrutura do
edificio nin da Capela, xa que esta era de cantería, estivesen nun estado
ruinoso como se lle fixo saber aos veciños de Barallobre para xustificar o seu
derrube; hoxe aquel atentado ao noso patrimonio, entendemos que non se levaría
a cabo.
Respeto ao escudo do
pazo e segundo o académico Martínez-Barbeito, se pode ver “ao amparo do yelmo
emplumado e baixo un estoxo coa banda dos Andrade, entre anxos tenantes,
aparecen oito cuarteis. Nalgúns é posible recoñecer outra vez a banda e os
dragantes dos Andrade, a M coronada dos Montenegro, o xaquelado de Bermúdez, a
torre surmontada de incógnita figura que puidera corresponder aos Lago, tres
flores de lis ben ordenadas, tres columnas que puideran dicir Romero, unha
árbore cun cuadrúpedo pasante que ao mellor alude a Tenreiro e cinco estacas,
dos Valcarce ou tal vez dos Quiroga”.
![]() |
Pazo de Barallobre, Vista xeral coa Capela. |
![]() |
Pazo de Barallobre, entrada ao patio interior. |
![]() |
Pazo de Barallobre, os xardíns. |
![]() |
Pazo de Barallobre, os xardíns. |
![]() |
Capela do Bo Xesús, Capela do Pazo de Barallobre |
![]() |
Escudo do Pazo de Barallobre |
Ningún comentario:
Publicar un comentario