Visualizacións de páxina totais

domingo, 18 de novembro de 2018

Domingo 33 do Tempo de Ordinario - Ciclo B


Domingo 33º do Tempo de Ordinario

Lectura do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 13, 24 – 32)

« A chegada do Fillo do Home e o exemplo da figueira »

            Naquel tempo, dixo Xesús aos seus discípulos:

-  Naqueles días, pasada xa aquela angustia, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar, as estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do ceo. Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con grande poder e gloria. E mandará os anxos para reuniren os elixidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o cabo do ceo.

Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os gromos e bota a folla, comprendedes que o verán está a chegar. Así tamén vós, cando vexades que pasan estas cousas, sabede que xa está pretiño, á porta.  Asegúrovos que non pasará esta xeración sen que antes suceda todo isto. O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.

En canto ó día e mais a hora no que isto vai acontecer ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente. Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.

Palabra do Señor

Domingo XXXIII - A chegada do Fillo do Home

Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 13, 24 – 32) - A chegada do Fillo do Home





Ningún comentario:

Publicar un comentario