Visualizacións de páxina totais

domingo, 11 de novembro de 2018

Domingo 32º do Tempo de Ordinario - Ciclo B

Domingo 32º do Tempo de Ordinario - Ciclo B

Lectura do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 12, 38 – 44)

« Denuncia ós letrados e a xenerosidade da viúva pobre »

            Naquel tempo, entre o que ensinaba Xesús a xente, dixo:

- Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos fachendosos, e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes. E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre.

Sentado fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no peto. E moitos ricos botaban con fartura. E nisto viu unha viúva pobriña botar uns céntimos nada máis, unha miseria coma quen di. Entón chamou ós seus discípulos, é díxolles:

Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. Pois eles botaron o que lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para vivir.

Palabra do Señor


Domingo 32º do Tempo de Ordinario - Ciclo B

Ningún comentario:

Publicar un comentario