Exeria
A primeira escritora galega
No ano 1884 o investigador italiano Gian Francesco Gamyrrini descubriu na Biblioteca Della Confraternitá do Laici en Arezzo (Italia) o “Itinerarium ad Tolo Sancta”, un códice en pergamiño de 37 folios e escrito en latín popular tardío. A obra contiña unha serie de cartas que describían unha longa viaxe desde terras afastadas ata os lugares mencionados pola Biblia. Por mor deste achado, moitas foron as hipóteses sobre o momento histórico no que se escribiron as epístolas e a autoría do personaxe enigmático que levara a cabo tal apaixonante aventura.
Ao
principio, o manuscrito foi denominado Peregrinatio Silviae e
atribuído a Santa Silvia. Con todo, en 1903 o monxe benedictino Don
Mario Ferotín deu a autoría á moza Exeria,
algo que confirmou Zacarias García Villada. Ademais, o historiador
español engadiu que nacera na Gallaecia romana.
Quen
era esta muller?, Qué sabemos dela?:
Exeria,
coñecida tamén como Echeria
e Eteria,
foi unha muller da Idade
Antiga coñecida
pola súa obra “Itinerarium
Egeriae”,
na
que narra unha viaxe a Terra
Santa.
Todo parece indicar que naceu na Gallaecia,
en Galicia, «nas
ribeiras máis afastadas do océano occidental»,
segundo documentos do século
IV. Sabemos
que viviu
no século IV, un período no que o cristianismo pasou a ser relixión
oficial do Imperio Romano tras o decreto de emperador Constantino no
ano 313.
Sobre os datos biográficos coñécese moi pouco, tan só que era
unha muller moi culta, rica e de gran fervor relixioso que
probablemente
estaba
emparentada con Aelia Flacila, a primeira esposa do emperador
Teodosio I. Se
supón que era
monxa ou quizais unha devota viúva, de alta escala social, lectora
do Antigo e Novo Testamento, muller curiosa, intrépida, audaz e
forte.
![]() | |
Exeria |
A
pesar das especulacións sobre as súas orixes, a realidade é que a
súa fazaña non só supuxo un gran xesto de liberdade impropio da
súa época, senón que a levou a converterse na primeira escritora
galega
de nome coñecido e ser a creadora do primeiro libro galego
de
viaxes.
Entre
o ano 381 e 384, Exeria viaxou dende as nosas terras de Occidente a
Constantinopla e Xerusalén, á Capadocia e á Tebaida no Alto
Exipto, dende as praias do mar Vermello ás caeiras do Sinaí, e deu
conta miúda das impresións daquela viaxe. Levaba canda si o guieiro
da Biblia e a devoción polos Santos Lugares do cristianismo. Un
documento fascinante. O “Itinerarium” ou “Peregrinatio ad loca
sancta”, que tal é o título latino, é o primeiro texto dunha
escritora galega. O seu valor é filolóxico, pero tamén histórico,
relixioso, antropolóxico e literario. Unha crónica singular que,
mil seiscentos anos despois, foi
traducida ao galego.
![]() |
Itinerarium Egeriae |
Exeria
non cita outra cousa que non sexan as Escrituras nin menciona máis
lecturas que algún fragmento de acta
ou passiones
de mártires; a cultura clásica parece ausente nela. O seu estilo
árido, frío e pouco refinado foi cualificado por L. Spitzer como
«épico» por seren características del as iteracións, fórmulas e
enumeracións (de lugares, oracións, etc.). Isto, xunto co uso dun
rexistro lingüístico informal, podería dar a impresión dunha
Exeria inculta, se non fose porque houbo outras mulleres medievais
moi cultas (como Rosvita) que aparentaron simplicidade para non seren
criticadas polos seus contemporáneos ou tamén (como Hildegarde de
Bingen) para fuxir do soberbio discurso das escolas mundanas. En
calquera caso, parece que a súa intención non foi escribir unha
obra literaria, senón describir un itinerario de viaxe ou, máis ben
–xa que non se centra na descrición de monumentos nin nos seus
acompañantes–, unha peregrinatio
animae, que quizais tivo
orixinalmente forma epistolar.
![]() | |
Viaxe de Exeria a Terra Santa |
Aínda que temos noticia da existencia doutros exemplares medievais, o único testemuño que se conserva da obra de Exeria é o manuscrito de Arezzo, ao que hai que engadir algúns pequenos fragmentos nun códice que procede da catedral de Toledo (hoxe en Madrid, Biblioteca Nacional, cod. 10018).
![]() | |
Exeria, a súa obre Viaxe a Terra Santa traducida ao galego |
Ningún comentario:
Publicar un comentario