Domingo
2º do Tempo de Advento - Ciclo B
Lectura
do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 1, 1 – 8)
«
Predicación
de Xoán Bautista »
Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo, Fillo de Deus.
Como
está escrito no profeta Isaías: “Mira: mándoche por diante un
mensaxeiro, para que prepare o teu camiño”.
Unha
voz clama no deserto: “preparade o camiño do Señor, endereitade
os seus vieiros”.
Presentouse
Xoán no deserto bautizando: pregoando un bautismo de conversión,
para lograr o perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a
provincia de Xudea e de Xerusalén; confesaban os seus pecados e el
bautizábaos no río Xordán. Xoán ía vestido con pelos de camelo
e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns
e mel bravo. E proclamaba: “Detrás
miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son
digno de prostrarme para lle desatar os amallós do seu calzado. Eu
bautizo con auga, pero el havos bautizar con Espírito Santo”.
Palabra
do Señor
![]() |
Predicación de Xoán Bautista - II Domingo de Advento, Ciclo B |
Ningún comentario:
Publicar un comentario