Visualizacións de páxina totais

domingo, 10 de decembro de 2017

Domingo 2º do Tempo de Advento - Ciclo B

Domingo 2º do Tempo de Advento - Ciclo B

Lectura do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 1, 1 – 8)

« Predicación de Xoán Bautista »

Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo, Fillo de Deus.

Como está escrito no profeta Isaías: “Mira: mándoche por diante un mensaxeiro, para que prepare o teu camiño”.

Unha voz clama no deserto: “preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros”.

Presentouse Xoán no deserto bautizando: pregoando un bautismo de conversión, para lograr o perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a provincia de Xudea e de Xerusalén; confesaban os seus pecados e el bautizábaos no río Xordán. Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns e mel bravo. E proclamaba: “Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de prostrarme para lle desatar os amallós do seu calzado. Eu bautizo con auga, pero el havos bautizar con Espírito Santo”.

Palabra do Señor

Predicación de Xoán Bautista - II Domingo de Advento, Ciclo B



domingo, 3 de decembro de 2017

Reflexión do Papa Bieito XVI do Evanxeo do 1º Domingo de Advento


Reflexión do Papa Bieito XVI do Evanxeo do
1º Domingo de Advento

Queridos irmáns e irmás:

Hoxe iniciamos con toda a Igrexa o novo Ano litúrxico: un novo camiño de fe, para vivir xuntos nas comunidades cristiás, pero tamén, como sempre, para percorrer dentro da historia do mundo, a fin de abrila ao misterio de Deus, á salvación que vén do seu amor. O Ano litúrxico comeza co tempo de Advento: tempo estupendo no que se esperta nos corazóns a espera do retorno de Cristo e a memoria da súa primeira vinda, cando se desposuíu da súa gloria divina para asumir a nosa carne mortal.

«Velade!». Este é o chamamento de Xesús no Evanxeo de hoxe. Diríxeo non só aos seus discípulos, senón a todos: «Velade!» ( Mc 13, 37). É unha exhortación saudable que nos lembra que a vida non ten só a dimensión terrea, senón que está proxectada cara a un «máis aló», como unha planta que xermina da terra e ábrese cara ao ceo. Unha planta pensante, o home, dotada de liberdade e responsabilidade, polo que cada un de nós será chamado a render contas de como viviu, de como utilizou as súas propias capacidades: se as conservou para si ou as fixo frutificar tamén para o ben dos irmáns.

Do mesmo xeito, Isaías, o profeta do Advento, fainos reflexionar hoxe cunha aprémante oración, dirixida a Deus en nome do pobo. Recoñece as faltas da súa xente, e en certo momento di: «Ninguén invocaba o teu nome, ninguén saía do letargo para adherirse a ti; pois nos ocultabas o teu rostro e entregábasnos ao poder da nosa culpa» ( Is 64, 6). Como non quedar impresionados por esta descrición? Parece reflectir certos panoramas do mundo posmoderno: as cidades onde a vida resulta anónima e horizontal, onde Deus parece ausente e o home o único amo, coma se fose el o artífice e o director de todo: construcións, traballo, economía, transportes, ciencias, técnica, todo parece depender só do home. E, ás veces, neste mundo que se presenta case perfecto, suceden cousas desconcertantes, na natureza ou na sociedade, polas que pensamos que Deus se retirou, que, por así dicir, abandonounos a nós mesmos.

En realidade, o verdadeiro «señor» do mundo non é o home, senón Deus. O Evanxeo di: «Velade entón, pois non sabedes cando virá o señor da casa, se á tardiña ou a noite, ou ao canto do galo, ou ao amencer: non sexa que veña inesperadamente e atópevos durmidos» (Mc 13, 35-36). O Tempo de Advento vén cada ano para lembrarnos isto, para que a nosa vida recupere a súa orientación correcta, cara ao rostro de Deus. O rostro non dun «señor», senón dun Pai e dun Amigo. Coa Virxe María, que nos guía no camiño do Advento, fagamos nosas as palabras do profeta. «Señor, ti es o noso pai; nós a arxila e ti o noso oleiro: todos somos obra da túa man» ( Is 64, 7).

Rezo do Ánxelus. Praza de San Pedro. I Domingo de Advento, 27 de novembro – 2011.

Hai que estar atentos - Papa Bieito XVI


Domingo 1º do Tempo de Advento - Ciclo B


Domingo 1º do Tempo de Advento - Ciclo B


Lectura do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 13, 33 – 37)

« Hai que estar atentos »
Naquel tempo lle dixo Xesús aos seus discípulos:

Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento. É coma un home que foi ó estranxeiro, deixando a casa e mais a facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que facer; e ó porteiro ordenoulle que velase. Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite cerrada, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia ser que chegue de repente, e vos atope durmindo. E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!

Palabra do Señor


Advento
Hai que estar atentos - Domingo I de Advento