Domingo
1º do Tempo de Advento - Ciclo B
Lectura
do Santo Evanxeo segundo San Marcos (Mc 13, 33 – 37)
«
Hai
que estar atentos »
Naquel
tempo lle dixo Xesús aos seus discípulos:
Estade
logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento. É
coma un home que foi ó estranxeiro, deixando a casa e mais a facenda
nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que
facer; e ó porteiro ordenoulle que velase. Vixiade vós, polo
tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña
ou con noite cerrada, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia
ser que chegue de repente, e vos atope durmindo. E o que vos digo a
vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!
Palabra do Señor
![]() |
Hai que estar atentos - Domingo I de Advento |
Ningún comentario:
Publicar un comentario