Visualizacións de páxina totais

venres, 2 de xuño de 2017

Reflexión do Santo Pai Francisco 
do Evanxeo do Domingo de Pentecoste

Domingo de Pentecoste. Santo Pai Francisco


Texto completo:

Queridos irmáns e irmás, bos días!

A festa de Pentecoste conmemora a efusión do Espírito Santo sobre os Apóstolos reunidos no Cenáculo. Como a Pascua, é un acontecemento que tivo lugar durante a preexistente festa xudía, e que se realiza de modo sorprendente. O libro dos Feitos dos Apóstolos describe os signos e os froitos desa extraordinaria efusión: o vento forte e as chamas de lume; o medo desaparece e deixa espazo á valentía; as linguas desátanse e todos comprenden o anuncio. Onde chega o Espírito de Deus, todo renace e se transfigura. O acontecemento de Pentecoste marca o nacemento da Igrexa e a súa manifestación pública; e impresiónannos dous trazos: é unha Igrexa que sorprende e turba.

Un elemento fundamental de Pentecoste é a sorpresa. O noso Deus é o Deus das sorpresas, sabémolo. Ninguén se esperaba xa nada dos discípulos: despois da morte de Xesús formaban un grupiño insignificante, estaban desconcertados, orfos do seu Mestre. En cambio, verificouse un feito inesperado que suscitou admiración: a xente quedaba turbada porque cada un escoitaba aos discípulos falar na propia lingua, contando as grandes obras de Deus (cf. Fei. 2, 6-7.11). A Igrexa que nace en Pentecoste é unha comunidade que suscita estupor porque, coa forza que lle vén de Deus, anuncia unha mensaxe nova a “Resurrección de Cristo” cunha linguaxe nova, a linguaxe universal do amor. Un anuncio novo: Cristo está vivo, resucitou; unha linguaxe nova: a linguaxe do amor. Os discípulos están revestidos do poder do alto e falan con valentía, poucos minutos antes eran todos covardes, pero agora falan con valor e franqueza, coa liberdade do Espírito Santo.

Así está chamada a ser sempre a Igrexa: capaz de sorprender anunciando a todos que Xesús o Cristo venceu a morte, que os brazos de Deus están sempre abertos, que a súa paciencia está sempre alí esperándonos para sanarnos, para perdoarnos. Precisamente para esta misión Xesús resucitado entregou o seu Espírito á Igrexa.

Atención: se a Igrexa está viva, debe sorprender sempre. Sorprender é característico da Igrexa viva. Unha Igrexa que non teña a capacidade de sorprender é unha Igrexa débil, enferma, moribunda, e debe ser ingresada no sector de coidados intensivos, canto antes!

Algún, en Xerusalén, preferise que os discípulos de Xesús, bloqueados polo medo, quedasen encerrados en casa para non crear turbación. Mesmo hoxe moitos queren isto dos cristiáns. O Señor resucitado, en cambio, impúlsaos cara ao mundo: «Como o Pai envioume, así tamén vos envío eu» (Xn. 20, 21). A Igrexa de Pentecoste é unha Igrexa que non se resigna a ser inocua, demasiado «destilada». Non, non se resigna a isto. Non quere ser un elemento decorativo. É unha Igrexa que non dubida en saír fóra, ao encontro da xente, para anunciar a mensaxe que se lle confiou, mesmo se esa mensaxe molesta ou inquieta as conciencias, mesmo se esa mensaxe trae, talvez, problemas; e tamén, ás veces, condúcenos ao martirio. Ela nace unha e universal, cunha identidade precisa, pero aberta, unha Igrexa que abraza ao mundo pero non o captura; déixao libre, pero abrázao como a columnata desta praza: dous brazos que se abren para acoller, pero non se pechan para reter. Nós, os cristiáns somos libres, e a Igrexa quérenos libres.

Dirixímonos á Virxe María, que nesa mañá de Pentecoste estaba no Cenáculo, e a Nai estaba cos fillos. Nela a forza do Espírito Santo realizou verdadeiramente «obras grandes» (Lc 1, 49). Ela mesma dicíao. Que Ela, Nai do Redentor e Nai da Igrexa, alcáncenos coa súa intercesión unha renovada efusión do Espírito de Deus sobre a Igrexa e sobre o mundo.

Domingo 8 de xuño - 2014. Praza de San Pedro – Cidade do Vaticano



Ningún comentario:

Publicar un comentario