Domingo de Pentecoste
Lectura do Santo Evanxeo segundo San Xoán (Xn. 20, 19 – 23)
« Aparición ós discípulos »
Naquel
día, o primeiro da semana, ó
serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos
xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
-
Paz
convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os
discípulos alegráronse, vendo o Señor.
El díxolles outra vez:
-
Paz
convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
-
Recibide
o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a
quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Palabra do Señor.
Domingo de Pentecoste. Igrexa Parroqial de Santiago - Barallobre (Altar Maior) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario