Visualizacións de páxina totais

xoves, 8 de xuño de 2017

O "Nosopai" - Catequese do Santo Pai Francisco



Santo Pai Francisco: Catequese sobre o “Nosopai

        Onte, mércores 7 de marzo - 2017, na súa catequese da Audiencia Xeral o Papa Francisco reflexionou sobre a oración do Nosopai, que Xesús ensinou aos seus discípulos, e sobre o que conleva chamar “Pai” a Deus.

    Chamar a Deus “Pai”, dixo o Santo Pai, revélanos “o misterio de Deus, que sempre nos fascina e fainos sentirnos pequenos, pero que nunca nos produce medo, que non nos desalenta, que non nos angustia.  Esta é unha revolución difícil de asumir no noso ánimo humano”.

Deseguido, o texto completo da catequese do Papa Francisco:

Queridos irmáns e irmás, bos días!

    Había algo de atractivo na oración de Xesús, era tan fascinante que un día os seus discípulos pedíronlle que lles ensinase.  O episodio atópase no Evanxeo de Lucas, que entre os Evanxelistas é quen documentou maiormente o misterio do Cristo “orante”: o Señor oraba.  Os discípulos de Xesús están impresionados polo feito de que El, especialmente na mañá e na tarde, retírase na soidade e se “sumerxe” na oración. E por isto, un día, pídenlle de ensinarlles tamén a eles a orar. (Cfr. Lc 11,1).

    É entón que Xesús transmite aquilo que se converteu na oración cristiá por excelencia: o “Nosopai”. En verdade, Lucas, en relación a Mateu, transmítenos a oración de Xesús nunha forma un pouco abreviada, que inicia cunha simple invocación: «Pai» (v. 2).

    Todo o misterio da oración cristiá resúmese aquí, nesta palabra: ter a coraxe de chamar a Deus co nome de Pai.  Afírmao tamén a liturxia cando, convidándonos a recitar comunitariamente a oración de Xesús, utiliza a expresión «atrevémonos a dicir».

    De feito, chamar a Deus co nome de “Pai” non é para nada un feito sobre entendido. Somos conducidos a usar os títulos máis elevados, que nos parecen máis respectuosos da súa transcendencia.  En cambio, invocalo como “Pai” ponnos nunha relación de confianza con El, como un neno que se dirixe ao seu papá, sabendo que é amado e coidado por el.  Esta é a gran revolución que o cristianismo imprime na psicoloxía relixiosa do home.  O misterio de Deus, que sempre nos fascina e fainos sentir pequenos, pero non nos dá máis medo, non nos esmaga, non nos angustia.  Esta é unha revolución difícil de acoller no noso ánimo humano; tanto é así que mesmo nas narracións da Resurrección dise que as mulleres, despois de ver a tumba baleira e ao anxo, «saíron correndo do sepulcro, porque estaban a tremer e fóra de si» (Mc 16,8).  Pero Xesús revélanos que Deus é Pai bo, e dinos: “Non teñan medo”.

    Pensemos na parábola do pai misericordioso (Cfr. Lc 15,11-32).  Xesús narra dun pai que sabe ser só amor para os seus fillos. Un pai que non castiga ao fillo pola súa arrogancia e que é capaz mesmo de entregarlle o seu parte de herdanza e deixalo ir fóra de casa. Deus é Pai, di Xesús, pero non á maneira humana, porque non existe ningún pai neste mundo que se comportaría como o protagonista desta parábola.  Deus é Pai á súa maneira: bo, indefenso ante o libre albedrío do home, capaz só de conxugar o verbo “amar”.  Cando o fillo rebelde, despois de malgastar todo, regresa finalmente á súa casa natal, ese pai non aplica criterios de xustiza humana, senón sente sobre todo a necesidade de perdoar, e co seu brazo fai entender ao fillo que en todo ese longo tempo de ausencia fíxolle falta, ha dolorosamente faltado ao seu amor de pai.

    Que misterio insondable é un Deus que nutre este tipo de amor en relación cos seus fillos!

    Talvez é por esta razón que, evocando o centro do misterio cristián, o Apóstolo Paulo non sente seguro de traducir en grego unha palabra que Xesús, en arameo, pronunciaba: “abbà”.  En dúas ocasións San Paulo, na súa epistolario (Cfr. Rom 8,15; Gal 4,6), toca este tema, e nas dúas veces deixa esa palabra sen traducila, da mesma forma na cal xurdiu dos beizos de Xesús, “abbà”, un termo aínda máis íntimo respecto de “pai”, e que algún traduce como “papaiño”.

    Queridos irmáns e irmás, non estamos xamais sos. Podemos estar lonxe, hostís, podemos tamén profesarnos “sen Deus”.  Pero o Evanxeo de Xesucristo revélanos que Deus non pode estar sen nós: El non será xamais un Deus “sen o home”; é El quen non pode estar sen nós, e isto é un gran misterio. Deus non pode ser Deus sen o home: este é un gran misterio!  E esta certeza é a fonte da nosa esperanza, que atopamos conservada en todas as invocacións do Nosopai.  Cando temos necesidade de axuda, Xesús non nos di de resignarnos e pecharnos en nós mesmos, senón de dirixirnos ao Pai e pedirlle a El con confianza.  Todas as nosas necesidades, desde as máis evidentes e cotiás, como o alimento, a saúde, o traballo, ata aquelas de ser perdoados e sostidos na tentación, non son o espello da nosa soidade: existe en cambio un Pai que sempre nos mira con amor, e que seguramente non nos abandona.

Agora fágolles unha proposta: cada un de nós ten tantos problemas e tantas necesidades.  Pensemos un pouco, en silencio, nestes problemas e nestas necesidades. Pensemos tamén no Pai, no noso Pai, que non pode estar sen nós, e que neste momento está a mirarnos.  E todos xuntos, con confianza e esperanza, oremos: "Nosopai, que estas no ceo … “.  Grazas.

Nosopai
Papa Francisco. Catequese. O "Nosopai"

Ningún comentario:

Publicar un comentario