Visualizacións de páxina totais

venres, 12 de maio de 2017

V Domingo de Pascua - Ciclo A
  
Lectura do Santo Evanxeo segundo San Xoán (Xn. 10, 1 – 10)

«Xesús, camiño cara o Pai»

Naquel tempo dixo Xesús: 

Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min.  Na casa do meu Pai hai moitas moradas; doutro xeito,  teríavos dito que vos ía arranxar un lugar?  E cando vaia e vos arranxe un lugar, volverei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén.  E a onde eu vou, vós ben sabedes o camiño”.

Dille Tomé:

-          Señor, se non sabemos onde vas, como imos saber o camiño?

Xesús respondeulle:

-          Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min. Se me coñecésedes, coñeceriades tamén a meu Pai; aínda que xa desde agora o coñecedes e o tedes visto”.

Filipe díxolle:

-          Señor, móstranos o Pai e abóndanos”.

Xesús replicoulle:

-          Pero, Filipe, levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a min, viu o Pai. Como dis entón "móstranos o Pai"?   Non cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que permanece en min, quen fai as súas obras.  Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras.  Con toda verdade volo aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes aínda, pois estou para irme onda o Pai”.

Palabra do Señor.

V Domingo de Pascua. Xesús, é o camiño cara ó Pai.

Ningún comentario:

Publicar un comentario