IV Domingo de Pascua - Ciclo A
Lectura do Santo
Evanxeo segundo San Xoán (Xn. 10, 1 – 10)
«Xesús,
porta do curral e o Bo Pastor»
Naquel
tempo dixo Xesús:
- «Con toda verdade volo aseguro: o que non entra pola porta no curral das
ovellas, senón que sobe por outra parte, é un ladrón e un bandido. En cambio, quen entra pola porta é o pastor
das ovellas. A ese ábrelle o porteiro, e
as ovellas escoitan a súa voz. Chama as súas polo nome e lévaas a fóra. Cando as dá sacado todas, vai diante delas e
as ovellas ségueno, pois recoñecen a súa voz.
Pero a un alleo non o seguirán, senón que fuxirán del, pois non coñecen
a voz dos alleos».
Díxolles Xesús esta alegoría mais eles non
coñeceron que era o que lles daba a entender. Entón díxolles de novo:
- «Con toda verdade volo aseguro: eu son a porta das ovellas. Todos os que viñeron antes ca min eran
ladróns e bandidos; pero as ovellas non os escoitaron. Eu son a porta; se alguén entra por min,
salvarase: entrará e sairá e atopará pasto.
O ladrón non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que
teñan vida e para que a teñan de abondo».
Ningún comentario:
Publicar un comentario