Carta Pastoral dos Bispos de Galicia
Co galo da Xornada Interdiocesana do Ensino Relixioso Escoalar - 2017
Queridos
pais e nais:
1.-
Estamos seguros de que unha das vosas maiores preocupacións é a educación dos
vosos fillos e fillas. Nela poñedes todo o voso empeño e esforzo nuns momentos
cheos retos e dificultades.
2.-
Nesta situación os centros educativos xogan un papel importante para lograr
unha educación de calidade.
3.-
Para axudarvos a lograr esa educación, pedímosvos que non vos esquezades de
solicitar para eles o Ensino Relixioso. Se se pretende unha formación integral
da persoa, a educación non pode prescindir da dimensión relixiosa que é
constitutiva de todo ser humano.
4.- A
presenza do Ensino relixioso nos centros educativos é un dereito e un deber que
tedes vós, os pais, recoñecido na Constitución, e que todas as autoridades
educativas deben garantirvos para que poidades optar por ela con plena
liberdade evitando toda discriminación e en igualdade de trato que o resto das
demais materias.
5.- O
Ensino Relixioso axudará aos vosos fillos e fillas a coñecer mellor e profundar
na mensaxe de Xesús; a reflexionar sobre os criterios, valores e actitudes que
permiten dar pleno sentido da vida, do mundo e da historia; a crecer en
intelixencia da Palabra de Deus para atopar nela a luz que lles ilumine á hora
de formar a súa personalidade e inserirse no medio da sociedade; a comprender a
propia tradición relixiosa, na que naceron e a coñecer o sentido relixioso da
nosa cultura chea de costumes, festas, ritos e modos de vida impregnados polo
cristianismo; capacitarlles para un diálogo entre fe e cultura nun mundo cada
vez máis pluricultural e plurirelixioso.
6.- Sen
dúbida queredes que progresen no coñecemento de matemáticas, sociais ou
literatura. Pero non permitades que os
vosos fillos crezan sen unha cultura e formación relixiosa. Estade seguros de
que nela atoparán coñecementos e valores que lles axudarán a ser boas persoas.
A relixión non fai dano a ninguén, ao contrario, axúdanos a ver a vida e actuar
nela con sentido de verdade, xustiza e solidariedade.
7.- A
Igrexa ponse ao voso servizo para alcanzar esa formación relixiosa que, sen
dúbida, será un gran ben para os vosos fillos e fillas. Non vos deixedes levar
por esas opinións da mal chamada modernidade que proclaman que a Relixión non
ten valor nin sentido
8.- Por
tanto, esta é a nosa petición: Sede conscientes da vosa responsabilidade de
pais crentes e pensade no ben dos vosos fillos. Pedide Ensino Relixioso Católica
en todos os centros educativos.
9.-
Esta solicitude ha de ser consecuencia lóxica da vosa condición de pais crentes
e dos compromisos adquiridos no día do seu bautismo. Non solicitala sería, sen
dúbida, un contrasenso con eses compromisos.
10.-
Queremos agradecer todo o esforzo que fan os profesores de Relixión e
pedímoslles que coa súa palabra e o seu testemuño transmitan aos seus alumnos a
mensaxe de Xesús e encamíñenlles polos camiños dos valores do Evanxeo.
11.-
Que o Señor vos axude a todos os que colaborades nunha mellor educación humana
e relixiosa da infancia e mocidade.
Saúdanvos
con todo afecto e bendicen no Señor.
+
Julián, Arcebispo de Santiago.
+ Luís,
Bispo de Tui-Vigo.
+
Alfonso, Bispo de Lugo.
+ José
Leonardo, Bispo de Ourense.
+ Luís
Anxo cmf, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
+
Jesús, Bispo Auxiliar de Santiago.
![]() |
Xornada Interdiocesana de Ensino Relixioso Escolar 2017. Provincia Eclesiástica de Galicia |
3 de
maio – 2017
A liberdade a elexir a educación dos fillos é un dereito inviolable de todos los pais e nais.
ResponderEliminar