Visualizacións de páxina totais

luns, 15 de maio de 2017

Homilía do Santo Pai Francisco
na Santa Misa de canonización dos
Beatos Francisco Marto e Xacinta Marto

Fátima, 13 de maio - 2017

«Apareceu no Ceo (…) unha muller revestida de sol»: atesta o vidente de Patmos no Apocalipse (12, 1), anotando aínda que ela «estaba para ser nai». Despois escoitamos, no Evanxeo, dicir Xesús ao discípulo: «Velaí a túa Nai» (Xn. 19, 26-27). Temos Nai! Unha «Señora tan fermosa»: comentaban entre si os videntes de Fátima a camiño de casa, aquel bendito día trece de maio de xa cen anos atrás.  Cando chegou a noite, Xacinta non se contivo e desvelou o segredo a súa nai: «Hoxe vin a Nosa Señora».   Viran a Nai do Ceo.  Pola esteira que seguían os seus ollos, se alongou o ollar de moitos, mais…  estes non a viran.  A Virxe Nai non veu aquí, para que a vísemos; para iso teremos a eternidade enteira, naturalmente se imos ao Ceo.

Mais, Ela veu e nos adverteu do risco do Inferno onde nos leva a vida -tantas veces proposta e imposta- sen-Deus e profanando a Deus nas súas criaturas, veu para lembrarnos a Luz de Deus que nos habita e cobre, pois, como ouviamos na Primeira Lectura, «o fillo foi levado para xunto de Deus» (Ap 12, 5).  E, no dicir de Lucía, os tres privilexiados ficaban dentro da Luz de Deus que irradiou de Nosa Señora.  Envolvíaos no manto de Luz que Deus lle dera.  No crer e sentir de moitos peregrinos, se non mesmo de todos, Fátima é sobre todo este manto de Luz que nos cobre, aquí como en calquera outro lugar da terra cando nos refuxiamos baixo a protección da Virxe Nai para pedirlle, como ensina a Salve Raíña, «mostrádenos Xesús».

Queridos peregrinos, temos Nai, temos Nai!  Agarrados a Ela como fillos, vivamos da esperanza que asenta en Xesús, pois, como escoitamos na Segunda Lectura, «aqueles que reciben con abundancia a graza e o don da xustiza reinarán na vida por medio dun só Xesús Cristo» (Rm 5, 17). Cando Xesús subiu ao Ceo, levou para xunto do Pai celeste a humanidade -a nosa humanidade- que asumira no seo da Virxe Nai, e nunca máis a afastará de si.  Como unha ancora, fundemos a nosa esperanza nesa humanidade colocada nos Ceos á dereita do Pai (cf. Ef 2, 6). Sexa esta esperanza a louvanza da vida de todos nós! Unha esperanza que nos sustente sempre, até ao derradeiro sospiro.

Con esta esperanza, nos congregamos aquí para agradecer as infinitas bendicións que o Ceo concedeu nestes cen anos, pasados so o referido manto de Luz que Nosa Señora, a partir deste esperanzoso Portugal, estendeu sobre os catro cantos da Terra.  Como exemplo, temos diante de nos os ollos de San Francisco Marto e Santa Xacinta, a quen a Virxe María introduciu no mar inmenso da Luz de Deus e aí os levou a adoralo. De aquí lles viña a forza para superar contrariedades e sofrimentos.  A presenza divina tornouse constante nas súas vidas, como se manifesta claramente na súplica instante polos pecadores e no desexo permanente de estar xunto a «Xesús Agochado» no Sagrario.

Nas súas Memorias (III, n. 6), a Irmá Lucía dá a palabra á Xacinta que fora bendecida por unha visión: «Non ves tanta estrada, tantos camiños e campos cheos de xente, a chorar con fame, e non teñen nada para comer? E o Santo Padre nunha Igrexa, diante do Inmaculado Corazón de María, a rezar? E tanta xente a rezar con el?» Irmáns e irmás, grazas pola vosa compaña! Non podía deixar de vir aquí venerar a Virxe Nai e confiarlle os seus fillos e fillas.  So o seu manto, non se perden; dos seus brazos, virá a esperanza e a paz que necesitan e que suplico para todos os meus irmáns no Bautismo e en humanidade, de modo especial para os doentes e persoas con deficiencia, os presos e desempregados, os pobres e abandonados. Queridos irmáns, rezamos a Deus coa esperanza de que nos escoiten os homes; e dirixímola os homes coa certeza de que nos vale Deus.

Pois El creounos como unha esperanza para os outros, unha esperanza real e realizable segundo o estado de vida de cada un.  Ao «pedir» e «esixir» o cumprimento dos nosos deberes de estado (carta da Irmá Lucía, 28/II/1943), o Ceo desencadea aquí unha certa mobilización xeral contra esta indiferenza que nos xea o corazón e agrava a miopía do ollar.  Non queiramos ser unha esperanza abortada!  A vida só pode sobrevivir grazas á xenerosidade doutra vida. «Se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso» (Xn. 12, 24): dixen e fixo o Señor, que sempre nos precede. Cando pasamos a través dalgunha cruz, El xa pasou antes. Así, non subimos á cruz para atopar a Xesús; mais foi El quen se humillou e descendeu até á cruz para nos voltar a nós e, en nós, vencer as escuridades do mal e traernos para a Luz.


So a protección de María, sexamos, no mundo, sentinelas da madrugada que saben contemplar a verdadeira facian de Xesús Salvador, aquel que brilla na Pascua, e descubrir novamente o rostro mozo e belo da Igrexa, que brila cando é misioneira, acolledora, libre, fiel, pobre de medios e rica no amor.

Santo Pai Francisco. Santuario de Fátima, 13 de maio - 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario