VI Domingo de Pascua - Ciclo A
Lectura do Santo Evanxeo segundo San Xoán (Xn. 14, 15 –
21)
« A promesa do Espírito »
Naquel
tempo dixo Xesús: “Se
me amades, gardaredes os meus mandamentos, e eu rogareille ó Pai, e daravos
outro Paráclito para que decote estea convosco: o Espírito da Verdade. O mundo
non o pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois
permanece onda vós e está en vós. Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós.
Un pouquiño máis e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo
e tamén vós habedes vivir. Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e
vós en min, e eu en vós. Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o
que me ama será amado por meu Pai, e eu amareino e manifestareime a el”.
Palabra do Señor.
![]() |
A Promesa do Espíriro Santo (Xn. 14, 15-21). VI Domingo de Pascua - Ciclo A |
Ningún comentario:
Publicar un comentario