II Domingo de Pascua - Ciclo A
Lectura
do Santo Evanxeo segundo San Xoán (Xn. 20, 19 – 31)
"Aparición
ós discípulos e a Tomé"
Naquel
día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas
onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e,
poñéndose no medio, díxolles:
-
Paz convosco.
Dito
isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos
alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:
-
Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E
dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
-
Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Pero
Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando
chegou Xesús. Dicíanlle entón os outros discípulos:
-
Vimos o Señor.
Pero
el contestoulles:
-
Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
Oito
días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con
eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no
medio, dixo:
-
Paz convosco.
Despois
díxolle a Tomé:
‑Trae
aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no
meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Tomé
respondeulle:
-
Meu Señor e meu Deus!
Xesús
díxolle:
‑Tes
fe porque me viches? Benia os que creron sen veren!
Moitos
outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se
escribiron neste libro. Estes escribíronse para que creades que
Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel.
Palabra do Señor.
![]() |
Aparición de Xesús ós seus discípulos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario