Visualizacións de páxina totais

mércores, 15 de marzo de 2017

Papa Francisco - 24 horas para o Señor

Un día para o Señor


Unha oportunidade para abrirse á misericordia de Deus.

Un ano máis o Vaticano, xunto ás dioceses de todo o mundo, celebrará a xornada de oración e confesión “24 horas para o Señor”, organizada polo Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evangelización baixo o lema "Quero misericordia".

Terá lugar os días 24 e 25 de marzo, pero xa o día 17 o Papa Francisco presidirá unha liturxia penitencial na Basílica de San Pedro.  Despois, as igrexas de todas as dioceses do mundo que acollan a iniciativa ofrecerán tamén o sacramento da reconciliación e desenvolverán diversas iniciativas.


Papa Francisco.  Xornada da Confesión "24 horas para o Señor"

Fonte: Publicación “Aciprensa”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario