Visualizacións de páxina totais

mércores, 15 de marzo de 2017

Os trece martes de San Antonio

Os trece martes de San Antonio

Onte, 14 de marzo, iniciáronse en Padua (Italia) a tradición dos 13 martes de San Antonio, en preparación para a súa festa que se celebrará o próximo 13 de xuño.

Este ano o fío condutor que guiará os momentos de reflexión propostos polos frades da orde do Santo, son as “novas” obras de misericordia, unha especie de versión actualizada dos grandes temas contemporáneos, das obras de misericordia corporais e espirituais da tradición da Igrexa.

Os temas de reflexión reuníronse no libro titulado “Con San Antonio á procura da bienaventuranza”, editado polo “Messaggero di sant’Antonio”.

Os 13 temas tratados corresponden ás "novas bienaventuranzas" propostas polos frades para cada martes e que se poden ler a continuación:

  • 14 de marzo: Bienaventurados vostedes que rezan a Deus, porque nunca estarán sós

  • 21 de marzo: Bienaventurados vostedes que están atentos aos pobres, porque a súa humanidade será máis rica

  • 28 de marzo: Bienaventurados vostedes que piden perdón, porque atoparán misericordia

  • 4 de abril: Bienaventurados vostedes que asisten aos sinxelos, porque grande será a vosa alegría

  • 11 de abril: Bienaventurados vostedes que deciden volver levantarse, porque terán outra posibilidade

  • 18 de abril: Bienaventurados vostedes que comparten o pan, porque serán saciados

  • 25 de abril: Bienaventurados vostedes amigos de San Antonio, porque serán consolados

  • 2 de maio: Bienaventurados vostedes que anuncian o Evanxeo, porque grande será a vosa recompensa nos ceos

  • 9 de maio: Bienaventurados vostedes que curan a alma, porque a vosa vida será plena

  • 16 de maio: Bienaventurados vostedes que acollen con corazón sincero, porque Deus habitará na vosa casa

  • 23 de maio: Bienaventurados vostedes que responden á vocación, porque a vosa vida terá un sentido

  • 30 de maio: Bienaventurados vostedes que buscan a beleza, porque estarán máis preto a Deus

  • 6 de xuño: Bienaventurados vostedes os pobres de espírito, porque atoparán a verdade

San Antonio de Padua. "Os trece martes"



Fonte: Publicación “Aciprensa”

Ningún comentario:

Publicar un comentario