Visualizacións de páxina totais

martes, 4 de decembro de 2018

A orixe da “Coroa de Advento”

A orixe da “Coroa de Advento”

A sorprendente orixe da “Coroa de Advento”

No Tempo de Advento atopamos nas nosas Igrexas una coroa con catro candeas.  Pero coñecemos o seu orixe?.  Pode que a resposta nos sorprenda un pouco.

A coroa xurde no ano 1839 e está ligada ao  protestantismo, de maneira máis específica ao luteranismo.  Naquel ano o pastor Johann Wichern traballaba nun orfanato onde vivían recollidos meniños pobres, os pequenos cobizaban a chegada do Nadal e sempre preguntaban canto faltaba. Entón, ao pastor, se lle ocorreu facer unha roda con candeas para os días do  Advento, sendo as pequenas para contar os días da semana e as grandes para simbolizalo domingo.

Iso inspirou varios pastores, que o comezaron a usar en súas comunidades, porén, para  simplificar colocaban só as velas grandes.

A pesar de nacer no seo luterano, a coroa se  encaixou perfectamente dentro da Igrexa católica, enriquecendo a liturxia e a vivencia dos días do  Advento. A coroa foi usada por primeira vez na Igrexa Católica en 1925, en Colonia, e despois en 1930 en Múnic, cidades da Alemaña, e pronto se espallou polo mundo enteiro.

A Igrexa conveu que as cores da “Coroa de Advento” se correspondan coas cores litúrxicas do Tempo de Advento, o morado e o rosa para o “Domingo de Gaudete”.  Así, se empregan tres candeas coas cores moradas e unha rosa que se corresponde co terceiro domingo de Advento.

Advento
Orixe da "Coroa de Advento"




Ningún comentario:

Publicar un comentario