Visualizacións de páxina totais

domingo, 25 de novembro de 2018

Domingo 34º do Tempo de Ordinario - Ciclo B


Domingo 34º do Tempo de Ordinario - Ciclo B

Lectura do Santo Evanxeo segundo San Xoán (Xn 18, 33 – 37)

« Es ti o Rei dos Xudeus? »

            Naquel tempo preguntou Pilato a Xesús:

Entón entrou Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle:

- Es ti o Rei dos Xudeus?

Xesús respondeu:

- Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?

Pilato replicou:

- E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: ¿que fixeches?

Xesús contestoulle:

- O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é de aquí.

Díxolle entón Pilato:

- Logo ti es Rei?

Xesús respondeu:

- Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ó mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.

Palabra do Señor
  
Santo Evanxeo segundo San Xoán Xn 18, 33 – 37
Xesús, Rei do Universo


Ningún comentario:

Publicar un comentario