Visualizacións de páxina totais

mércores, 19 de abril de 2017

Estamos en "Tempo de Pascua"

O tempo de Pascua é un período do ano litúrxico, comprendido polos cincuenta días entre o domingo de Pascua da Resurrección de Xesús ata o domingo de Pentecosté.

Durante este tempo de especial alegría e festividade as lecturas da Misa son especiais e no canto do Angelus rézase a oración de Regina Coeli.

Durante este tempo celébrase tamén o Día da Ascensión, que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo, que é precisamente o que se celebra o día de Pentecosté.


E, como non "Felices Pascuas".

Pascua de Resurrección - Barallobre 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario