III Domingo de Pascua - Ciclo A
Lectura do Santo
Evanxeo segundo San Lucas (Lc. 24, 13 – 33)
" Camiño
de Emaús "
Aquel
mesmo día, o primeiro da semana, dous dos discípulos de Xesús ían camiño de
Emaús, unha aldea que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. Ían falando de canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían,
Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. Pero os seus ollos estaban incapacitados para
o recoñeceren. Entón preguntoulles:
-
De que ides falando
polo camiño?
Eles
pararon cun rostro moi tristeiro, e Cleofás, un deles, respondeulle:
-
Seica es ti o único
forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí durante estes días?
El
preguntou:
-
De que, logo?
Eles
contestaron:
-
Do asunto de Xesús o
Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o
pobo todo; de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á
morte e o crucificaron. Nós esperabamos
que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron
estas cousas. Claro que algunhas
mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ó riscar o día ó sepulcro,
e, ó non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles
aseguraron que el vive. E algúns dos
nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a el
non o viron.
Entón
díxolles:
-
Que parvos e lentos
sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! E logo, non cumpría que o Cristo padecese
todo isto, antes de entrar na súa gloria?
E
comezando por Moisés e todos os profetas, foilles interpretando o que as
Escrituras falaban del.
O
entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir para adiante. Pero eles
porfiáronlle, dicindo:
-
Queda connosco, porque
se fai tarde, e a noite bótase enriba.
Quedou
con eles. E mentres estaban na mesa,
colleu o pan, bendiciuno e partiuno e déullelo. Entón abríronselles os ollos e recoñecérono;
pero el desapareceu. E dixeron:
-
Non ardía o noso
corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándonos as Escrituras?
E
levantándose axiña, volveron a Xerusalén. Alí atoparon os Once reunidos cos
seus acompañantes, que dicían:
-
É certo, o Señor
resucitou e aparecéuselle a Simón.
Eles
tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partir o
pan.
Palabra do Señor.
![]() |
Camiño de Emaús - III Domingo de Pascua, Ciclo A |
Ningún comentario:
Publicar un comentario