"O anuncio do Evanxeo non é un entroido"
Papa Francisco - Capela de Santa Marta, 18 de abril - 2017
O Papa Francisco exhortou aos
cristiáns, durante a homilía da Misa celebrada o martes, día 18 deste mes de
abril, na Casa Santa Marta, no Vaticano, a anunciar o Evanxeo con valentía, sen
medo aos perigos e con humildade, "porque o Fillo de Deus humillouse. O
anuncio de Evanxeo non é un entroido", advertiu.
O Papa subliñou a necesidade de
estar dispostos a "saír para anunciar o Evanxeo". É necesario
"ir aos lugares onde Xesús non é coñecido,
onde Xesús é perseguido, ou onde Xesús é desfigurado, para proclamar o
verdadeiro Evanxeo", sinalou o Santo Pai.
Francisco advertiu que ese
"saír" non está exento de riscos, e que quen non estea disposto a
asumir eses riscos, non é un verdadeiro predicador. "E neste saír
xogámonos a vida, xógase a vida o predicador. Non está seguro, non hai
seguridade para a súa vida. E se un predicador busca a seguridade da súa vida,
non é un verdadeiro predicador do Evanxeo".
"O Evanxeo, o anuncio de
Xesucristo, faise sempre en saída, sempre. En camiño, sempre. Xa sexa en camiño
físico, en camiño espiritual ou en camiño do sufrimento. Pensemos no anuncio do
Evanxeo que fan tantos enfermos que ofrecen a súa dor pola Igrexa, polos
cristiáns. Sempre saen de si mesmos".
Neste sentido, indicou que
"o Evanxeo non se pode anunciar co poder humano". "Todos estamos
chamados a revestirnos de humildade cara aos demais, porque Deus resístese ao
soberbios pero dá graza aos humildes".
O Bispo de Roma insistiu na idea
de evanxelizar con humildade. "E por que é necesaria esta humildade.
Porque levamos adiante un anuncio de humillación e gloria a través da
humillación".
"O anuncio do Evanxeo sofre
a tentación: a tentación do poder, a tentación da soberbia, a tentación da
mundanidade", que leva a predicar un Evanxeo frouxo, sen forza, un Evanxeo
sen Cristo resucitado. Por iso Pedro di: "Vixiade, vixiade, vixiade. O
voso inimigo, o diaño, como un león que roxe, busca en todo momento o modo de
devorarvos. Resistide, firmes na fe, sabendo que o mesmo sufrimento lle é
imposto aos vosos irmáns dispersos polo mundo".
"O anuncio do Evanxeo, se é
sincero, resiste á tentación", sinalou o Papa. "En toda predicación
sincera, hai tentación e tamén hai persecución".
![]() |
Santo Pai Francisco: "O anuncio do Evanxeo non é un entroido". Capela de Santa Marta, 18 de abril - 2017 |
Fonte: Publicación
"Aciprensa".
Foto: Daniele Garofani
(L'Osservatore Romano)
Ningún comentario:
Publicar un comentario