O
"Estanque de Siloé" e veracidade histórica
do Evanxeo de San Xoán
do Evanxeo de San Xoán
Do Evanxeo do
IV Domingo de Coresma, Ciclo A, facemos unha achega a historicidade do texto de
San Xoán. Xa que durante anos, algúns estudosos dubidaron da súa veracidade
histórica.
Preto de
Xerusalén, no ano 2004, foron descubertos os restos de chanzos do antigo
estanque de Siloé, de acordo ao Evanxeo de Xoán, en contra do que se pensou por
moito tempo que o situaban noutro lugar.
Foi neste
sitio, segundo o capítulo 9 do texto xoánico, onde se nos conta a historia da
curación por Xesús dun cego de nacemento. Despois de dicirlle aos seus
discípulos que a cegueira do home non tiña nada que ver nin cos pecados do home
nin nos dos seus pais, Xesús aplicou o barro aos ollos do home e díxolle que
lavalo no estanque de Siloé.
A función do
Estanque nos tempos de Xesús consistía en que a auga natural que fluía dende a
Fonte de Xihón era empregada para o ritual do lavadoiro. Con todo, tamén era
unha importante fonte de auga fresca para os habitantes dese lado da cidade.
Aínda sen saber exactamente como era utilizada nos tempos de Xesús.
Polo menos
desde o século V, os cristiáns identificaran un lugar en Xerusalén como o
estanque de Siloé e o sitio do milagre. Pero non foi senón ate decembro do ano
2004 no que os arqueólogos atoparon o que están seguros é o antigo estanque. Do
mesmo xeito que moitos destes achados, foi case por accidente. Durante os
traballos de construción para reparar unha tubaxe de auga preto do Monte do
Templo, arqueólogos israelís Ronny Reich e Eli Shukron atoparon "dous
antigos chanzos de pedra". De acordo coa Biblical Archaeology Review, as
escavacións posteriores revelaron que eran parte dun grupo monumental do período
en que viviu Xesús.
O estanque
era de forma trapezoidal e 225 pés de longo. Foi parte dos preparativos que o
rei Ezequías fixo en anticipación dun asedio polo rei Senaquerib de Asiria.
Segundo 2 Crónicas 32, "foi Ezequías quen bloqueou a saída superior do
peirao de Xihón e canalizou a auga ata o lado oeste da cidade de David".
As
escavacións seguiron mostrando máis seccións do estanque, tanto na parte norte
como na sur. Varias perforacións de parte norte do estanque revelan grandes
pedras de pavimento; mentres que na banda sur se desenterrou unha grande parede
e unha sección do estanque do período do Antigo Testamento. Estas están no pozo
debaixo da parede. En total uns 20 banzos (4 grupos de 5 cada un) foron
escavados desde o nivel do chan ata o estanque.
![]() |
Estanque de Siloé - Xerusalén |
![]() |
Estanque de Siloé - Xerusalén |
![]() |
Estanque de Siloé - Xerusalén |
![]() |
Estanque de Siloé, localización e vista aérea de Xerusalén |
![]() |
Reconstrucción do Estanque de Siloé nos tempos de Xesús |
Ningún comentario:
Publicar un comentario