Visualizacións de páxina totais

luns, 27 de marzo de 2017

A Pedra da Arca - Barallobre

A «Pedra da Arca»

Ollando Barallobre - A «Pedra da Arca».

  A "Pedra da Arca - Barallobre" está situada a escasos metros do novo cemiterio municipal, na banda de atrás indo por un vello camiño entre a escombreira e un depósito de auga, o lugar é o monte da Capacheira, a uns 150 metros de altitude sobre o nivel do mar, no kilómetro 2 da estrada DP-3503. 

O menhir ou pedrafita mide uns 3,30 metros de alto e se pode datar do final do Neolítico ou principios da Idade do Bronce.   O seu nome a "Pedra da Arca" ven dado polo lugar onde se atopa, xa que é coñecido como o "Campo da Arca", nunha clara referencia a existencia dun lugar de mámoas onde hoxe tan só existe un pequeno túmulo.

A actúal ubicación non é a orixinal, foi desprazado cando se contruiu o mencionado depósito de auga.   Pouco faltou para a súa demolición, si ben parece ser que grazas á intervención dun exeñeiro de Madrid que conseguiu que a fincaran de novo.  No lugar había un campo de mámoas, dúas das cales, ao menos, desapareceron cando as devanditas obras. Nas inmediacións consérvanse outros túmulos, un deles moi achandado por unha plantación de eucaliptos.

 Dolores Gonzáles (Andregoto Galíndez) no seu blog arqueotoponimia di que na delimitación de Barallobre é posible que atopemos unha referencia a esta pedrafita: "desde aquí al Seixo Blanco de la Brea, desde este a la peña de Remariz, seguindo o marco que se halla en la Cueva del Thesorero. Desde este a otro que llaman de Vilar de Codo". En efecto, a Pedra da Arca ou Marco da Cova do Tesoureiro atópase entre Romariz e Vilar do Colo.

Menir Barallobre

Ningún comentario:

Publicar un comentario