Visualizacións de páxina totais

venres, 24 de marzo de 2017

Domingo 4 de Coresma - Ciclo A, 26 de marzo – 2017

Lectura do Evanxeo segundo Xoán,  (Xn. 9, 1.6 – 9. 13 – 17. 34 – 38)

“O cego de nacemento e a cegueira espiritual”

Naquel tempo o pasar Xesús, viu a un cego de nacemento.  Entón preguntáronlle os seus discípulos:

-          Mestre, quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?

Xesús respondeu:

-          Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de Deus.  Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a chegar a noite e daquela ninguén pode traballar.  Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.

Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:

-          Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:

-          Non é este o que estaba sentado pedindo?

Uns dicían: "éche o mesmo".

Outros, "non, é un que se lle asemella".

E el dicía: "son eu".

Levaron onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos).  E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:

-          Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.

Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en cambio, dicían: "Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E había división entre eles.

Entón preguntáronlle outra vez ó cego:

-          A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos?

El contestou:

-          Que é un profeta.

Respondéronlle eles:

-          Ti naciches todo metido en pecados e vasnos ensinar a nós?

E botárono fóra.

Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:

-          Cres ti no Fillo do Home?

El respondeulle:

-          E quen é, Señor, para que crea nel?

Díxolle Xesús:

-          Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.

El dixo:

-          Creo, Señor.

E prostrouse diante del.


Palabra de Deus.

Domingo IV de Coresma - Ciclo A. Xesús e o cego de nacemento

Ningún comentario:

Publicar un comentario