Novas de Barallobre - Rúa Pablo Ares, O Ramo.
A Xunta adxudica as obras de
execución dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-133, no Ramo, no concello
de Fene, por un investimento de máis de 210.000 euros.
Esta actuación está enmarcada no
Plan de Sendas de Galicia, concretamente nos itinerarios previstos para a
comarca de Ferrol.
A senda desenvólvese nun treito
antigo da estrada resultante dunha rectificación de trazado próxima ao
apeadeiro de Barallobre.
O proxecto contempla un
itinerario peonil de 130 metros de lonxitude pola marxe dereita do primeiro
tramo da estrada ata a pasarela existente e outro de 440 metros pola marxe
esquerda.
Santiago, 3 de marzo de 2017.- A
Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de
Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a execución da senda
peonil e ciclista na estrada AC-133, no treito do Ramo, entre os p.q. 2+030 e
2+660, no Concello de Fene.
Estas actuacións, cun prazo de
execución de 6 meses, foron adxudicadas á empresa Arias Infraestructuras S.A
por un importe de máis de 210.000 euros. As obras, que levará a cabo a Axencia
Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo
Feder Galicia 2014-2020.
Este proxecto, enmarcado na
primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Ferrol, ten como
obxectivo mellorar a seguridade nunha vía que dá acceso a varios equipamentos
docentes e culturais como o colexio, a escola infantil, o campo de fútbol ou o
pavillón de deportes, polo que rexistra un elevado número de desprazamentos
tanto a pé como en vehículos.
A senda desenvólvese nun treito
antigo da estrada resultante dunha rectificación de trazado próxima ao
apeadeiro de Barallobre e non require expropiacións. Nos primeiros 130 metros,
ata a pasarela peonil existente para o paso sobre a vía de ferrocarril,
executarase pola marxe dereita da estrada. Unha vez pasada a pasarela,
construirase pola marxe esquerda nunha lonxitude de case 440 metros; e nos
últimos 140 metros executarase pola dereita, pola existencia dunha escola infantil
e un pavillón nesa marxe.
A obra completarase coa
reparación das varandas da pasarela, que ademais será repintada para protexela
de oxidación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario