Visualizacións de páxina totais

xoves, 2 de marzo de 2017

Mércores de Cinza



O “Mércores de Cinza”, o seu significado

O “Mércores de Cinza” é o primeiro día da Coresma, ou sexa, dos 40 días nos que a Igrexa nos chama á conversión e a preparnos para vivir os misterios da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo na Semana Santa.

O "Mércores de Cinza" é unha celebración contida no Misal Romano. Neste explícase que na Misa, bendíse e impón na fronte dos fieis a cinza feita das palmas bendicidas no Domingo de Ramos do ano anterior.

A tradición de impoñer a cinza remóntase á Igrexa primitiva. Por aquel entón as persoas colocábanse a cinza na cabeza e presentábanse ante a comunidade cun “hábito penitencial” para recibir o Sacramento da Reconciliación o Xoves Santo.

Que simbolizan as cinzas?: A palabra cinza, que provén do latín "cinis" e expresa a morte, a caducidade, a humildade e a penitencia. A cinza, como signo de humildade, lémbralle ao cristián a súa orixe e o seu fin. Lémbrase a lectura do libro de Xénese: "Deus formou ao home con po da terra" (Xn 2,7); "ata que volvas á terra, pois dela fuches feito" (Xn 3,19).

Como se impón a cinza?: Este acto ten lugar na Misa ao termo da homilía e está permitido que os laicos axuden ao sacerdote. As cinzas son impostas na fronte, facendo o sinal da cruz con elas mentres o ministro di as palabras bíblicas: «Acórdache que es po e en po converterasche», ou «Convérteche e cre no Evanxeo».

Coresma Mércores de Cinza
Mércores de Cinza

Ningún comentario:

Publicar un comentario