Visualizacións de páxina totais

xoves, 9 de marzo de 2017

«Consulta Feminina»

Nace no Vaticano a «Consulta Feminina», Organismo do Pontificio Consello da Cultura

Consulta Feminina” é un Organismo Permanente dentro do Pontificio Consello da Cultura.

A voz ás mulleres”, con este lema foi presentado este pasado martes, 7 de marzo, na Oficina de Prensa da Santa Sé, a “Consulta Feminina”, Organismo Permanente dentro do Pontificio Consello da Cultura, para dar espazo e continuidade á voz das mulleres dentro deste Dicasterio Vaticano.

Na presentación estiveron presentes: o Cardeal Gianfranco Ravasi, Presidente do Pontificio Consello da Cultura; Consolo Corradi, Coordinadora da Consulta Feminina, Vicerreitora para a investigación e as relacións internacionais da Universidade Lumsa de Roma; Shahrazad Houshmand, membro da Consulta Feminina, e de teóloga iraniana.

Na Oficina de Prensa estaban presentes tamén vinte e cinco mulleres, membros da mesma Consulta. Nesta ocasión ilustrouse tamén o número monográfico da revista do Dicasterio, “Cultura e Fe”, a cargo da Consulta Feminina.

Fonte: Renato Martinez, Radio Vaticano.


Vaticano. Pontificio Consello da Cultura - Consulta Feminina. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario