Visualizacións de páxina totais

venres, 10 de marzo de 2017

Domingo 2 de Coresma - Ciclo A, 12 de marzo – 2017

Lectura do Evanxeo segundo Mateu,  (Mt. 17, 1 - 9)


A Transfiguración

Naquel tempo colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte alto.  Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz.  Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con el.  Pedro colleu a palabra e díxolle a Xesús:

‑ Señor, que ben estamos aquí! Se queres, farei aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías.

E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:

‑ Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.

O escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. 7Xesús achegándose, tocounos e díxolles:

- Erguédevos, non teñades medo!

E levantando os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.

Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles:

- Non lle faledes desta visión a ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os mortos.



Palabra de Deus.

A Transfiguración do Señor

Ningún comentario:

Publicar un comentario