Domingo 1º de Coresma -
Ciclo A, 5 de marzo – 2017
Lectura do Evanxeo segundo
Mateu, (Mt. 4, 1 - 11)
"As tentacións"
Naquel tempo foi cando
o Espírito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o tentase. Despois de
xaxuar corenta días e corenta noites, acabou por ter fame. O tentador, achegándose a el, díxolle:
- Se es Fillo de
Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.
Pero el respondeu:
- Está escrito: Non
soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saída da boca de Deus.
Levouno logo o Satán á
cidade santa, e púxoo na atalaia do templo, dicíndolle:
- Se es o Fillo de
Deus, bótate de aquí embaixo, que está escrito: Mandará os seus anxos para que
te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés non se mancarán nas pedras.
Xesús respondeu:
- Tamén está
escrito: Non tentarás o Señor, o teu Deus.
Pero aínda o levou o
Satán a un monte moi alto e, mostrándolle os reinos todos do mundo enteiro,
cheos de esplendor, díxolle:
- Heiche dar todo
isto se te prostras e me adoras.
Entón replicoulle
Xesús:
- Arreda, Satán,
porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.
Deixouno o Satán, e
achegáronse os anxos para o serviren.
Ningún comentario:
Publicar un comentario