Ave María en arameo co Papa Francisco
Co Papa Francisco, rezamos o Ave María en arameo polos nosos
irmáns perseguidos por mor da súa fe.
A Fundación EUK Mamie-HM Televisión, dentro do “Proxecto
Esperta”, está a realizar unha serie de breves vídeos que nos axuden a rezar
con e polos cristiáns perseguidos, nos seus idiomas de orixe.
Nesta ocasión rezaremos o Ave María en arameo, o idioma no
que falou e predicou o Señor, a lingua que lle ensinou a súa Santa Nai, a Virxe
María. A día de hoxe, esta lingua segue sendo falada por moitos cristiáns
procedentes de Siria e Iraq, lugares fortemente castigados polos ataques do
Estado Islámico.
Con este Ave María en arameo, pidamos por todos os cristiáns
que seguen rezando e ofrecendo as súas vidas a semellanza das primeiras
testemuñas de Cristo.
Todas as imaxes usadas neste vídeo son do Convento de “Mar
Taqla” ou Santa Tecla, en Maaloula (Siria) tras ser arrasado polo Estado
Islámico. Maaloula caracterízase por ser
un poboado profundamente cristián, e por falar o arameo como lingua común entre
as súas xentes.
Lembramos que a intención do Santo Pai Francisco para este
mes de marzo é “precisamente- recemos polos nosos irmáns e irmás perseguidos,
para que sintan o apoio de toda a Igrexa, a través da oración e da axuda
material?. Lembren que, o Santo Pai, fai na súa mensaxe unha pregunta clave: "Fágolles unha pregunta, cantos de vostedes rezan polos cristiáns que son
perseguidos" Hoxe, con este Ave María en arameo, poderemos responder: todos!
Para poder ver o video cliquea no seguinte enlace:
https://youtu.be/OkNcOwVSQfE
Para poder ver o video cliquea no seguinte enlace:
https://youtu.be/OkNcOwVSQfE
Foto: imaxe da gráfica do programa
![]() |
Ave María en arameo |
Irmá. Beatriz Liaño, S.H.M.
Directora da Oficiña de Prensa
Fundación E.U.K. Mamie
Ningún comentario:
Publicar un comentario