Visualizacións de páxina totais

mércores, 22 de febreiro de 2017

Ollando "Barallobre" - O «Campo da Festa».

O "Campo da Festa - Barallobre" está na rúa Santiago, subindo dende a Estrada de A Palma cara a Igrexa Parroquial.

Barallobre é a única parróquia de Fene, xunto con Maniños, que ainda conserva en pé o seu palco de orquestra. Poucas veces se utiliza, ainda que a "Liga de Amigos de Barallobre" conservao ben pintado e decorado con murais realizados por nenos e nenas da zona. O palco mira frente a frente o local da entidade coa sapiencia que lle da ter visto bailar moitas parellas, contemplado moitos namoramentos e quizais tamén presenciado algún que outro desacordo. Pero o palco e o campo da festa de Barallobre teñen a súa historia.

A súa pequena historia do "Campo da Festa" principia aló polo ano 1951, no que os membros da comisión de festas de Barallobre constituien o 1 de marzo o "Circulo Cultural Recreativo e Deportivo de Barallobre", e solicitan a oportuna autorización ao Goberno civil.

Poucos anos máis tarde, en 1954 outro grupo de veciños solicitan autorización para constituir a "Liga de Amigos de Barallobre" coa pretensión de adquirir un campo para a festa. Presidirá a entidade José Cernada actuando como secretario o escritor e poeta Xosé María Pérez Parallé. Sortearon toda unha serie de dificultades que poñía a dictadura franquista para constituir calquera tipo de entidade. Finalmente lograron pasar as trabas legais e darlle forma legal á adquisición do campo da festa da nosa parróquia de Barallobre.


Campo da Festa Barallobre
Campo da Festa de Barallobre e a Liga de Amigos

Engadir título

Ningún comentario:

Publicar un comentario