Visualizacións de páxina totais

venres, 24 de febreiro de 2017

Comentario do Papa Emérito Bieito XVI

do Evanxeo deste VIII Domingo do Tempo de Ordinario - Ciclo A



Bieito XVI





Domingo 8º do Tempo de Ordinario - Ciclo A

Domingo 8º do Tempo de Ordinario - Ciclo A

Lectura do Evanxeo segundo Mateu,  (Mt. 6,24 - 34)


Deus e o diñeiro e a Providencia

Naquel tempo díxolle Xesús aos seus discípulos:

Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.

Por iso dígovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir).  Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e non vale máis o voso corpo có vestido?

Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin segan, nin recollen nas arcas e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. Non valedes vós máis ca elas?  E quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?

E polo vestido por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan, nin fían.  E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles.  Pois se á herba do campo, que hoxe verdea e mañá será botada ó forno, Deus así a viste, canto máis non fará por vós, homes de pouca fe?

Non andedes angustiados dicindo: "Que imos comer?" ou "que imos beber?" ou "que imos vestir?"  Por todas esas cousas andan angustiados os pagáns; e ben sabe voso Pai celestial que as precisades. Procurade primeiro o Reino de Deus e mais a súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis.   Así que non vos angustiedes polo de mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada día ten abondo cos seus pesares.


Palabra de Deus.

Evanxeo segundo Mateu,  Mt. 6,24 - 34
Deus e o diñeiro - A Providencia

xoves, 23 de febreiro de 2017

A "Procesión da Virxe do Carme - Barallobre" no pasado.



Fotografía do ano 1954.



Celebración da Misa Solemne na Ribeira de Barallobre.  Preside a Eucaristía o Rvdo. D. Elías Seoane Ramirez, Párroco de Santiago de Barallobre e Capelán da Confraría.


Procesión da Virxe do Carme, ano 1945.  Misa na Ribeira. Barallobre



Procesión do Santiago Apóstolo

Fotos de a "Procesión do Santiago Apóstolo" do ano 2015.

Santiago Apóstolo, "Santiago o Maior" é o Patrón da nosa parroquia a cal está baixo a súa advocación.  

Cada 25 de xullo, Solemnidade de Santiago, se celebra cunha Misa Solemne e de seguido coa procesión ate o cruceiro parroquial a festa maior da parroquia.

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015
Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Confraría da Virxe do Carme - Barallobre
Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Confraría da Virxe do Carme - Barallobre
Procesión do Santiago Apóstolo, Barallobre 2015

Santiago Apóstolo, 25 de xullo - 2015.  Barallobre



A "Procesión da Virxe do Carme - Barallobre" no pasado.

Fotografía do ano 1959.

Procesión da Virxe do Carme - Barallobre

mércores, 22 de febreiro de 2017

Ollando "Barallobre" - O «Campo da Festa».

O "Campo da Festa - Barallobre" está na rúa Santiago, subindo dende a Estrada de A Palma cara a Igrexa Parroquial.

Barallobre é a única parróquia de Fene, xunto con Maniños, que ainda conserva en pé o seu palco de orquestra. Poucas veces se utiliza, ainda que a "Liga de Amigos de Barallobre" conservao ben pintado e decorado con murais realizados por nenos e nenas da zona. O palco mira frente a frente o local da entidade coa sapiencia que lle da ter visto bailar moitas parellas, contemplado moitos namoramentos e quizais tamén presenciado algún que outro desacordo. Pero o palco e o campo da festa de Barallobre teñen a súa historia.

A súa pequena historia do "Campo da Festa" principia aló polo ano 1951, no que os membros da comisión de festas de Barallobre constituien o 1 de marzo o "Circulo Cultural Recreativo e Deportivo de Barallobre", e solicitan a oportuna autorización ao Goberno civil.

Poucos anos máis tarde, en 1954 outro grupo de veciños solicitan autorización para constituir a "Liga de Amigos de Barallobre" coa pretensión de adquirir un campo para a festa. Presidirá a entidade José Cernada actuando como secretario o escritor e poeta Xosé María Pérez Parallé. Sortearon toda unha serie de dificultades que poñía a dictadura franquista para constituir calquera tipo de entidade. Finalmente lograron pasar as trabas legais e darlle forma legal á adquisición do campo da festa da nosa parróquia de Barallobre.


Campo da Festa Barallobre
Campo da Festa de Barallobre e a Liga de Amigos

Engadir título
Coresma

Próximos xa a "Coresma", lembremos un pouco do seu significado e cal é a súa importancia.
A Coresma é o tempo litúrxico de conversión, que marca a Igrexa para prepararnos á gran festa da Pascua. É tempo para arrepentirnos dos nosos pecados e de cambiar algo de nós para ser mellores e poder vivir máis preto de Cristo.
A Coresma dura 40 días; comeza o Mércores de Cinza e termina antes da Misa da Cea do Señor do Xoves Santo. Ao longo deste tempo, sobre todo na liturxia do domingo, facemos un esforzo por recuperar o ritmo e estilo de verdadeiros crentes que debemos vivir como fillos de Deus.
A cor litúrxica deste tempo é o morado que significa loito e penitencia. É un tempo de reflexión, de penitencia, de conversión espiritual; tempo de preparación ao misterio pascual.
Na Coresma, Cristo convídanos a cambiar de vida. A Igrexa convídanos a vivir a Coresma como un camiño cara a Xesucristo, escoitando a Palabra de Deus, orando, compartindo co próximo e facendo obras boas. Convídanos a vivir unha serie de actitudes cristiás que nos axudan a parecernos máis a Xesucristo, xa que por acción do noso pecado, afastámonos máis de Deus.
Por iso, a Coresma é o tempo do perdón e da reconciliación fraterna. Cada día, durante toda a vida, habemos de arroxar dos nosos corazóns o odio, o rancor, a envexa, os celos que se opoñen ao noso amor a Deus e aos irmáns. En Coresma, aprendemos a coñecer e apreciar a Cruz de Xesús. Con isto aprendemos tamén a tomar a nosa cruz con alegría para alcanzar a gloria da resurrección.
40 días
A duración da Coresma está baseada no símbolo do número corenta na Biblia. Nesta, fálase dos corenta días do diluvio, dos corenta anos da marcha do pobo xudeu polo deserto, dos corenta días de Moisés e de Elías na montaña, dos corenta días que pasou Xesús no deserto antes de comezar a súa vida pública, dos 400 anos que durou a estancia dos xudeus en Exipto.
Na Biblia, o número catro simboliza o universo material, seguido de ceros significa o tempo da nosa vida na terra, seguido de probas e dificultades.
A práctica da Coresma data desde o século IV, cando se dá a tendencia para constituíla en tempo de penitencia e de renovación para toda a Igrexa, coa práctica do xaxún e da abstinencia. Conservada con bastante vigor, polo menos nun principio, nas igrexas de oriente, a práctica penitencial da Coresma foi cada vez máis alixeirada en occidente, pero debe observarse un espírito penitencial e de conversión.
Coresma