A orixe da “Coroa
de Advento”
A
sorprendente orixe da “Coroa de Advento”
No Tempo de Advento
atopamos nas nosas Igrexas una coroa con catro candeas. Pero coñecemos o seu orixe?. Pode que a resposta nos sorprenda un pouco.
A coroa xurde
no ano 1839 e está ligada ao
protestantismo, de maneira máis específica ao luteranismo. Naquel ano o pastor Johann Wichern traballaba
nun orfanato onde vivían recollidos meniños pobres, os pequenos cobizaban a
chegada do Nadal e sempre preguntaban canto faltaba. Entón, ao pastor, se lle ocorreu
facer unha roda con candeas para os días do
Advento, sendo as pequenas para contar os días da semana e as grandes
para simbolizalo domingo.
Iso inspirou
varios pastores, que o comezaron a usar en súas comunidades, porén, para simplificar colocaban só as velas grandes.
A pesar de
nacer no seo luterano, a coroa se
encaixou perfectamente dentro da Igrexa católica, enriquecendo a liturxia
e a vivencia dos días do Advento. A
coroa foi usada por primeira vez na Igrexa Católica en 1925, en Colonia, e
despois en 1930 en Múnic, cidades da Alemaña, e pronto se espallou polo mundo
enteiro.
A Igrexa
conveu que as cores da “Coroa de Advento” se correspondan coas cores litúrxicas
do Tempo de Advento, o morado e o rosa para o “Domingo de Gaudete”. Así, se empregan tres candeas coas cores moradas
e unha rosa que se corresponde co terceiro domingo de Advento.
![]() |
Orixe da "Coroa de Advento" |