« Nosopai »
A súa versión en galego é a seguinte:
O Nosopai (tamén coñecido pola súa forma
latina paternóster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo
Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que
lles aprendese a orar.
A oración atópase no Evanxeo de Mateu
(6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante
aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.
Aínda que a oración orixinal era en arameo,
o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental
rezouse en latín durante moitos séculos.
A súa versión en galego é a seguinte:
Noso Pai
que estás no Ceo,
santificado sexa o teu nome,
veña o teu Reino,
fágase a túa vontade aquí na terra coma no Ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
perdoa as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación
mais líbranos do mal.
Amén
E, no ano 1985 foi levado a Xerusalén unha copia da
versión do "Nosopai" en galego, que contou coa subvención da Xunta de
Galicia. Alí acudiron varios cregos das diferentes Dioceses galegas e foi
instalado no Santuario do "Pater Noster", tamén coñecido como o
"Santuario Eleona" ubicado no Monte das Oliveiras, onde segundo a
tradición Xesús ensinou o "Nosopai", como se relata no Evanxeo de Lucas (Lc. 11, 2 – 4). A galega e monxa Exeria, quen peregrinou aos Santos
Lugares no século IV, foi a primeira en referirse a ela como a “Igrexa de
Eleona”, que significa “oliveira”.
![]() |
Monte das Oliveiras - Xerusalén |
![]() |
Entrada na Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Nosopai en galego na Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Claustro da Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Patín de entrada da Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Nosopai, en varios idiomas na Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Nosopai, versión en galego na Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
![]() |
Nosopai, versión en galego na Igrexa do Pater Noster - Xerusalén |
Ningún comentario:
Publicar un comentario