Hoxe é 10 de marzo
Hoxe lembramos a morte de dous
traballadores da nosa bisbarra de Ferrolterra, Amador Rey Rodríguez e
Daniel Niebla García, polos disparos da policía.
O 10 de marzo de 10972, as sete e
media da mañá, se xuntaran nas portas da factoría de Bazán uns
catro mil traballadores; dende alí se dirixiron ao polígono de
Caranza pola Avenida das Pías na busca da solidarizade de outras
empresa como os traballadores do Asteleiro Astano. E, cando
chegaba a manifestación ao cruce da Estrada de Castela coa Avenida
de As Pías, preto da Igrexa do Pilar, os traballadores son
interceptados pola policía, feito que provoca un enfrontamento
aberto; as cargas policiais, os obreiros respondes con paus e pedras,
e a policía ante a resistencia dos traballadores comezan a disparar,
cao morto Amador Rey e agonizando Daniel Niebla e máis de corenta
feridos, algún moi graves.
As novas do acontecido, pronto se
estende pola cidade, os comercios e os colexios comezan a pechar, a
cidade se para na súa totalidade. Un buque de guerra é posicionado
fronte a ponte de As Pías, si ben o exercito permanece acuartelado
mentres que a cidade é tomada pola Garda Civil e a Policía Armada,
que desprazou efectivos dende León e Valladolid.
Esa noite, do 9 ao 10 de marzo, un
significativo número de traballadores
do Asteleiro Astano, a maioría de Comisións Obreiras, a
pasaron na Igrexa Parroquial
de Barallobre. Contaron con apoio do entón párroco de Barallobre,
Elías Seoane Ramírez, recentemente falecido.
Aquel mesmo venres, 10 de marzo, se
reuniu a Curia Diocesán da Diocese de Mondoñedo – Ferrol,
presidida polo entón bispo, Monseñor Araúxo Iglesias, quen pola
súa actuación foi denunciado na Nunciatura, e se aprobou un texto
de condena e rexeitamento que sería lido en tódalas Misas da Diocese daquel domingo, día
12.
Sería bo lembrar, que naquel 1972,
non había liberdade expresión, non estaban permitidas as críticas
ao réxime. Tan so existía unha pequena ou non tan pequena
infrastructura clandestina sindical, e dentro da Igrexa Católica o
apoio dende a JOC, a HOAC e máis de unha ducia de sacerdotes que
apoiban as reividicacións dos obreiros e as súas demandas. Tamén
non esquezamos que a prensa local “Ferrol Diario”, dirixido entón
por Eugenio Pontón, tratou de dar a maior cobertura informativa dos
sucesos, pero a liberdade de prensa non estaba permitida.
As consecuencias foi a forte
represalia que se sucedeu despois, moitos obreiros despedidos ou
encarcelados, e tampouco se libraron moitos sacerdotes polo seu apoio
as demandas dos traballadores.
E, para rematar, o breve poema que
Uxío Novoneira lle adicou a Amador e a Daniel o mesmo día desta
traxedia ó coñecer as súas mortes:
Ergéstevos cedo aquel día
o costume do traballo
mañá cediño pra facernos ca vosa morte.![]() |
| Amador Rey Rodríguez e Daniel Niebla García |
![]() |
| Praza de España - Ferrol. 10 de marzo, 1972 |
![]() |
| Estrada de Castela - Ferrol. 10 de marzo, 1972 |
![]() |
| Monumento en Ferrol a Amador Rey e Daniel Niebla. 10 de marzo - 1972 |




Ningún comentario:
Publicar un comentario