Domingo 5 de Coresma -
Ciclo A, 2 de abril – 2017
Lectura do Evanxeo segundo
Xoán, (Xn. 11, 3 -
7. 17. 20 - 27. 33b - 45)
“A morte de Lázaro –
Xesús é a resurrección e a vida”
Naquel tempo as irmás de Lázaro mandaron a
dicirlle a Xesús:
-
Señor,
mira, o que amas está enfermo.
O oílo, dixo Xesús:
-
Esta
enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por
ela se glorifique o Fillo de Deus.
Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela,
e mais a Lázaro. Aínda que oíu que este
estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se
atopaba. Despois disto, díxolles ós
discípulos:
-
Vaiamos
outra vez á Xudea!
Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no
sepulcro.
Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón Marta a Xesús:
Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón Marta a Xesús:
-
Señor,
se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; pero eu sei que, aínda agora,
Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.
Xesús díxolle:
-
Teu
irmán resucitará.
Marta respondeulle:
-
Ben
sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.
Díxolle Xesús:
-
Eu
son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá; se todo
o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto?
Ela respondeu:
-
Si,
Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo.
O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén
os xudeus que viñeran con ela, apertóuselle o corazón e, profundamente
conmovido, preguntou:
-
¿Onde
o puxestes?
Contestáronlle:
-
Señor,
ven ver.
E Xesús botouse a chorar.
Entón comentaban os xudeus: "Ai que ver
como o quería!"
Pero algúns deles dixeron: "E logo este,
que deu vista ós ollos dun cego, non podía facer que non morrese?"
Xesús estremecéndose de novo, chegou á
sepultura. Era unha cova, e tiña unha pedra por riba.
Xesús ordenou:
-
Arredade
a pedra.
Marta, a irmá do finado, díxolle:
-
Señor,
xa cheira, que leva catro días.
Xesús contestoulle:
-
Non
che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?
Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os
ollos e dixo:
-
Meu
Pai, douche grazas porque me escoitaches. Eu ben sabía que ti sempre me escoitas, pero
díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches.
E dito isto, gritou con voz forte:
-
Lázaro,
ven para fóra!
Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados
con vendas e a cara envolta nun sudario. Xesús ordenoulles:
-
Desenleádeo
e deixádeo ir.
Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda
María, vendo o que fixo, creron nel.
Palabra de Deus.
![]() |
A resurrección de Lázaro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario